lunes, 16 de marzo de 2015

A escura realidade de moitas mulleres

A orde das cousas   

Asociación Enriqueta Otero

Hai cousa de dúas semanas, a nosa profesora de Lingua Galega, alias "Auri", comentounos que o luns 16 de febreiro íamos ter unha clase distinta na biblioteca do instituto, cando chegamos alí, atopámonos dúas cousas:
- A primeira era unha rapaza chamada Amanda Díaz, que pertence a asociación Enriqueta Otero, e fai esta actividade de balde.
- A segunda un proxector aceso.
Ao comezo da clase Amanda púxonos un vídeo no proxector sobre o maltrato de xénero. Dividíuno en dúas partes pra aclarar mellor as ideas deste:
- A primeira que tratou da infancia de Marquitos e como se deu conta da situación que sufría súa nai.
- A segunda trataba de cómo a nai conseguíu fuxir desta situación.

Tras rematar o vídeo comezamos a debatir sobre o tema e os puntos clave desta curtametraxe.

O título desta curtametraxe vén dado polo pensamento do marido de Xulia, pois a súa educación foi transmitida de xeración en xeración, ata que agora o seu fillo se dá conta da verdadeira situación dos seus pais, e do sufrimento da súa nai.
Este vídeo trata a situación dunha muller, Xulia, que está a sufrir un maltrato físico e psicolóxico por parte do seu marido, Marcos, que a súa vez lle quere inculcar estos "valores" ao seu fillo Marquitos.

Neste vídeo cabe destacar os seguintes puntos clave:
1.- Xulia non pode ter vida persoal, polo que a súa vida non avanza e sempre se mantén xove.
2.- Sempre ten que haber un control sobre ela, polo que a porta do baño onde ela non sae durante case toda a cortametraxe, ten que estar aberta constantemente.
3.- O cinto simboliza o maltrato que ven dado dende o seu avó hacia a súa avoa pasando de pais a fillos ata que o fillo deste matrimonio négase a aceptar este comportamento.
4.- O xoguete roto simboliza a perda de infancia do neno e da rotura da relación pai-fillo.
5.- O anel e a auga significa estar atada ao seu marido.
6.- A bañeira simboliza a paciencia de Xulia polo que cada vez que parece que a bañeira vai desbordarse, e con iso, Xulia perder a paciencia. Por diversos motivos a bañeira non se acaba de encher.

Nós comprendemos que é complicado saír de esa situación mais non é imposible, como se pode ver ao final do vídeo onde se ven moitas bañeiras vacías que simbolizan a liberdade das mulleres que estaban a sufrir este maltrato, tanto físico coma psicolóxico.

A nosa clase xunto con Amanda tras a presemtación.